21 de octubre de 2024
Aula 2.2 de la Facultad de Relaciones Internacionales
O profesor Luis Velasco presentou na facultade de Relacións Internacionais da UVigo no Campus de Ourense unha conferencia do Dr. José Vericat, analista principal do Real Instituto Elcano no sido de Oriente Medio. Vericat é Msc. pola Universidade de Columbia (USA) e doutor en Relacións Internacionais polo St. Anthony’s College da Universidade de Oxford (UK).
A actividade se enmarca no Seminario Permanente de Historia Transnacional: élites, actores e procesos do grupo de investigación HC1 e do proxecto de investigación ELGAPO.
7 de octubre de 2024
Aula 2.3 de la Facultad de Relaciones Internacionales
O 7 de outubro ás 11:00 celebrase na aula 2.2 da Facultade de Relacións Internacionais do Campus de Ourense a conferencia titulada «Estudios de América Latina en la China Contemporánea», dentro do Seminario Permanente de Historia Transnacional: Élites, Actores e Procesos. A conferencia estivo a cargo da Dra. YU Man, decana da Facultade de Estudos Europeos e Latinoamericanos da Universidade de Estudos Internacionais de Shanghái (SISU) e directora de varios centros de investigación relacionados cos estudos rexionais e as relacione internacionais no marco de Extremo Oriente. A conferencia foi comentada por Wang Chenchen, doutorando da Universidade de Santiago de Compostela e investigador na Pontificia Universidad Católica de Perú. O evento contou coa organización do Dr. Luis Velasco, profesor de Historia da Facultade de RRII da Universidade de Vigo.
5 de septiembre de 2024
Facultad de Geografía e Historia (UCM)
31 de julio de 2024
Facultad de Historia (UVigo)
O pasado 31 de xullo de 2024, o proxecto de investigación ELGAPO, «Élites, tecnocracia e cambio político en Galicia e Norte de Portugal (1967-1977)», organizou un seminario titulado “Avance de resultados” no Campus de Ourense. Esta actividade, coordinada polo Dr. Luis Velasco da Universidade de Vigo e Bruno Madeira da Universidade do Minho, reuniu a expertos en historia contemporánea e ciencias sociais co fin de analizar as transformacións políticas e sociais en Galicia e o Norte de Portugal durante as décadas de 1960 e 1970.
O seminario contou cunha ampla participación de investigadores de distintas institucións académicas, totalizando X poñentes que presentaron resultados parciais e análises interdisciplinares. Durante a xornada, abordáronse temas como o papel de Manuel Fraga Iribarne na evolución política sen ruptura, presentado por Serxio María Rodríguez Álvarez da USC, e as respostas empresariais ante a Transición, exploradas por Adrián Martínez Garrido do grupo HC1. Outros asuntos incluíron os liderados sociais en Lugo e no Noroeste en xeral, analizados por Pablo García Varela e a influencia de elites políticas e económicas en momentos de cambio, tratados por Fátima Moura Ferreira da Universidade do Minho.
As sesións destacaron pola súa riqueza de perspectivas e permitiron unha reflexión profunda sobre os vínculos transfronteirizos e a capacidade de adaptación das elites ao contexto cambiante. O evento pechouse cunha conferencia de Luis Velasco, quen reflexionou sobre a visión de Portugal como un exemplo a evitar en determinados procesos de cambio, culminando cunha sesión de conclusións que subliñou a importancia de continuar investigando sobre as relacións e impactos históricos entre as rexións de Galicia e o Norte de Portugal.
Este seminario reforzou o papel do grupo HC1 como un referente no estudo da historia contemporánea e da xeopolítica peninsular, destacando a relevancia de estudar procesos históricos de maneira comparativa e colaborativa.
23 y 24 de mayo de 2024
Consello da Cultura Galega
Nunha Europa da posguerra caracterizada pola numerosa poboación desprazada por motivos políticos e económicos, as diversas confesións trataron de ofrecer os seus servizos para velar polo coidado de emigrados e refuxiados. Seguindo o ronsel dos cuáqueros e do American Friends Service Committee, premiado en 1947 co Nobel da Paz, a Igrexa católica conformaría nos anos seguintes algunhas iniciativas consagradas especificamente a esa tarefa, como a fundación en 1951 da International Catholic Migration Commission (ICMC) ou a promulgación ao ano seguinte da constitución apostólica Exsul Familia. A iniciativa dalgúns dirixentes republicanos e bispos franceses para ofrecer auxilio aos exiliados católicos españois tivera como resposta en 1949 unha primeira chamada de atención da Igrexa española respecto aos «seus» emigrados. Dous cardeais de orixe galega, Fernando Quiroga Palacios e Benjamín de Arriba y Castro, exercerían como primeiros presidentes da Comisión Episcopal de Emigración, constituída oficialmente en 1954, dous anos antes da fundación do Instituto Español de Emigración. En 1958, a XVIII Semana Social de España, realizada en Vigo, centraría toda a súa atención nos «problemas da emigración española»; ao ano seguinte, na mesma cidade, tería lugar o XIII Congreso Internacional do Apostolado do Mar, mentres que na Coruña se realizaría o II Congreso Nacional de Emigración. Só uns anos despois, a dinámica posconciliar manifestaría un notable cambio de perspectiva respecto ao fenómeno migratorio, que, incidindo na reivindicación social e política, acabaría xerando conflitos entre a Igrexa e o réxime ditatorial. Así, o papel relevante xogado por Galicia no ámbito migratorio pode constatarse no contexto eclesiástico, tanto polas súas repercusións nas diversas comunidades da emigración española como polas súas redes de conexión co acontecido neses anos naquela Europa da longa posguerra.
28 y 29 de septiembre de 2023
Facultad de Geografía e Historia (UCM)
del 19 al 23 de junio de 2023
St Andrews, Scotland (UK)
Presentación del panel: From The Woman’s Bible to the Catholic Women’s Council. Women as change agents in the Christian confessions (1895-2023).