La profesora Maribel Doval participa en un proyecto internacional de formación de docentes en el país asiático con un taller sobre pedagogía de la ingeniería

El campus de Ourense de la Universidad de Vigo está participando en un proyecto europeo para mejorar la formación de los docentes universitarios en Kazajistán. La profesora Maribel Doval, de la Facultad de Educación y Trabajo Social, y los catedráticos Marcos Arias y Óscar Rubiños, son los tres representantes de la universidad gallega, la única institución española presente en el programa, denominado EduFusion Network for Sustainable Growth. Esta iniciativa, que plantea una colaboración entre universidades, industria y sociedad, tiene una duración de cuatro años y cuenta con un presupuesto cercano al millón de euros. Dentro del proyecto, esta semana se está celebrando un taller en la Universidad Técnica del Este de Kazajistán en el que participa directamente Maribel Doval. La docente del campus ourensano recuerda que uno de los objetivos del programa es alinear los resultados de aprendizaje con las necesidades del mercado laboral. Además de la Facultad de Educación del campus ourensano, la Universidad de Vigo participa en la iniciativa a través del grupo de investigación HC1, la Escuela de Ingeniería de Telecomunicación y el Grupo de Investigación SC7.
El programa aborda, según explica Maribel Doval «as dimensións chave do desenvolvemento da capacidade académica: pedagoxía da enxeñaría e participación do alumnado; aprendizaxe dixital, baseada na práctica e en sistemas; liderado, innovación e responsabilidade profesional; e deseño, avaliación e sostibilidade baseados en competencias». La profesora subraya que el modelo de formación de formadores adoptado en este taller, en el que participan más de 30 personas de distintas universidades kazajas, garantiza «un efecto multiplicador en todas as institucións participantes, permitindo unha transformación sistémica en liña cos estándares internacionais de calidade e cos marcos de programas de desenvolvemento profesional desenvolvidos conxuntamente con anterioridade».
Texto e imagen La Voz de Galicia
O investigador do Departamento de Historia, Arte e Xeografía da Universidade de Vigo Luis Velasco desenvolverá nos próximos meses un estudo centrado, recoñece, nun “aspecto pouco coñecido da historia contemporánea”, o papel xogado polas peregrinacións organizadas polas Forzas Armadas a Santiago de Compostela ao longo do século XX. Este traballo do profesor da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte foi un dos tres traballos seleccionados na VIII Convocatoria de Axudas á Investigación sobre o Camiño de Santiago e as Peregrinacións da Universidade de Santiago de Compostela (USC). “O proxecto pretende identificar, catalogar e interpretar estas peregrinacións desde unha perspectiva histórica, simbólica e política, estudando o seu papel como ferramenta de cohesión e como instrumento de proxección internacional”, salienta o investigador.
Baixo o título de Marchando a Santiago: as peregrinacións militares a Compostela no século XX. Relixión, identidade nacional e proxección exterior nos exércitos españois, o proxecto permitirá “iluminar unha dimensión pouco explorada da historia das peregrinacións compostelás”, conectando “identidade, relixión, política e cultura militar desde unha óptica internacional”. As peregrinacións a Compostela das Forzas Armadas, lembra Velasco, poden atoparse “desde a existencia de continxentes permanentes de soldados” e supuxeron “unha das actividades extraordinarias máis interesantes que se fixeron ao logo da vixencia do servizo militar obrigatorio” en España. De feito, durante o franquismo “formaron parte dos programas de formación” do servizo militar, á vez que foron empregadas pola ditadura co obxectivo de “establecer lazos” no contexto internacional.
E-Talent (Ecuadorian tertiary educators transformation and learning enhancement) é o título dun novo proxecto europeo no que participa a Universidade de Vigo e que ten como obxectivo a transformación estrutural da carreira docente na educación superior en Ecuador. Con este reto, traballará na recualificación de máis de 400 docentes con competencias aliñadas coas demandas da economía de servizos e a transformación dixital; no establecemento de centros de formación de profesorado e no fomento da gobernanza universitaria, a transparencia e o bo goberno.
Os socios desta iniciativa son o Instituto Politécnico do Porto (coordinador), a Red Enter (European Network for Teachers and Researchers), a Universidade de Vigo e 12 institucións ecuatorianas, entre elas numerosas universidades dese país e a Corporación Ecuatoriana para el Desarrollo de la Investigación y Academia (CEDIA). E-Talent está financiado polo programa Erasmus+ CBHE (Capacity Building in Higher Education) da Unión Europea con case un millón de euros, dos cales 90.000 corresponden á UVigo, e terá unha duración de 48 meses, abranguendo desde 2025 a 2029.
Este luns e martes celébrase de xeito virtual unha nova edición das Xornadas de Historia Contemporánea e do Tempo Presente, que nesta ocasión levan por título e temática Elites, cidadanía e poder local na transición á democracia. A cifra de persoas inscritas ascende a 340, 169 alumnado da Universidade de Vigo e o resto de diversos puntos da xeografía estatal e foránea, abranguendo países como Arxentina, México, Rusia e Reino Unido.
As xornadas están organizadas pola Facultade de Historia do campus de Ourense e pola Uned-Ourense e contan co apoio dos grupos de investigación da UVigo de Historia Contemporánea (HC1) e de Investigación e Innovación Docente en Historia (I2DH). O director da actividade é Julio Prada, decano da facultade ourensá e catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Vigo. Os obxectivos esenciais desta actividade, explican desde a súa organización, son achegar ao alumnado algúns dos principais debates historiográficos e liñas de investigación relacionados coa docencia da historia contemporánea e o mundo actual, tanto a nivel xeral como de Galicia. Nesta edición propoñen concretamente “unha aproximación a diversos aspectos relacionados coa problemática das elites a cidadanía e o poder local na transición a la democracia.