Un libro afonda na figura de Pedro Quevedo, bispo de Ourense e rexente de España

Pedro Quevedo, obispo de Ourense y regente de España (1736-1818). Con este título preséntase a última obra do historiador do campus de Ourense Jesús de Juana. A publicación, editada pola Deputación de Ourense, aborda a figura do bispo Quevedo, “protagonista de importantes acontecementos históricos” dos séculos XVIII e XIX, segundo explica o autor do libro.

A publicación foi presentada este luns no Centro Cultural Marcos Valcárcel polo seu autor e por Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, que destacou que se trata “dun libro sobre un personaxe de relevancia na historia ourensá, que foi bispo de Ourense durante máis de catro décadas e de quen este ano se conmemora o bicentenario do seu pasamento”. Baltar agradeceu a Jesús de Juana, “un dos grandes historiadores de Ourense, o seu labor investigador, froito do cal sae á luz unha publicación que nos achega importantes datos sobre Pedro Quevedo”.

Ler a nova completa no DUVI