I Congreso Internacional Estado de Transición. Europa e Representatividade Política

O I Congreso Internacional Estado en transición. Europa e representatividade política que, organizado conxuntamente polas Universidades de Santiago de Compostela e de Vigo, celebrarase nesta última cidade do 9 ao 11 de outubro de 2019.

Transcorridos máis de corenta anos desde a aprobación do texto constitucional vixente, a historiografía progresa hoxe no coñecemento dos diversos vectores que  resultaron decisivos no noso particular proceso de transición á democracia. As dialécticas e os consensos entre as diversas orientacións políticas e sociais que se  reflectían na conformación do Estado víronse influídas á súa vez polas dinámicas transnacionais e as redes locais. O primeiro dos congresos internacionais “Estado en transición” organizado conxuntamente polas Universidades de Santiago de Compostela (USC) e de Vigo (Uvigo), e que pretende unha continuidade en próximas edicións, centra a súa atención en ambas as liñas de acción. A procura dunha maior representatividade política acorde co nivel de desenvolvemento económico conseguido a finais dos anos sesenta; e a entrada de pleno dereito nos circuítos económicos e financeiros a Europa do benestar, animan aos distintos protagonistas no proceso político de transición. Os debates e os mecanismos xerados ao redor da representatividade política no tardofranquismo e nos primeiros anos da democracia, conxúganse así co papel exercido polas instancias internacionais ou transnacionais nese proceso, e a influencia alcanzada por unhas moi activas redes e institucións locais. Pretendemos pois compaxinar a dimensión política da análise das elites, coa dimensión social do estudo das vías de democratización que xa antes da morte do ditador viñan experimentándose. O comité científico e o comité organizador do Congreso convidan así a todos os especialistas ou interesados nesta materia para sumar as súas propostas para a súa presentación e debate durante as catro seccións previstas.

Tríptico | Cartel

Nº de prázas: 50
Matrícula gratuita ata completar prazas

Vigo, 9-10 de outubro de 2019
Casa Galega da Cultura